É tempo de propostas estratéxicas

Non hai dúbida que as grandes fortunas e grupos económicos están facendo o seu agosto coa crise. E que a especulación, a guerra, e as actividades delituosas son unha importante contribución a ese botín, que come a economía produtiva e as pequenas empresas, e esmaga na base da pirámide á clase traballadora e aos autónomos do agro e da pesca. Pensar que esta situación vai mudar por un súpeto desexo de solidariedade, dos que acumulan inmensos medios económicos (e poder político), é un espellismo. Trátase dun sistema inxusto e non sustentábel, que aumenta a de- sigualdade entre clases e países, destrúe a natureza e esgota os recursos non renovábeis. Cómpre un novo modelo de desenvolvemento, que na Galiza ten como condición prioritaria a recuperación da soberanía, para que toda a actividade realizada estea ao servizo do pobo. Cómpre garantir que a saúde, ensino e prestacións esenciais (pensións, dependentes, etc.) sexan públicas. Agora ben, ademais, é necesario nacionalizar o sistema crediticio, a enerxía, os medios de comunicación (como telefonía) para que deixen de ser empresas que, ou non fan os investimentos necesarios, ou obteñen grandes beneficios por ser monopolios, ou exercen como grupos de poder condicionando os prezos do servizo. Os astronómicos ingresos dos directivos destas empresas, moitas das que foron no seu día públicas, amosan que non existe liberdade de mercado, e de vagar os cidadáns vanse convertendo en vasalos. A socialización das débedas pola burbulla inmobiliaria é o mellor exemplo, mais tamén o que está a acontecer no sector enerxético. É hora de debater a funcionalidade da Unión Europea e do euro, e a quen serven realmente. Cómpre analizar a fondo por que as sucesivas directivas, taxas e acordos da UE, no longo prazo sempre terminan favorecendo as grandes compañías e os territorios máis fortes, para alén de que veñan envolvidas en papel de regalo. Competir dende a desvantaxe, e con regras marcadas polos que van por diante, só en casos excepcionais permite ser dos primeiros. Ademais, nen o pasado é repetíbel, nen os pobos poden ficar á marxe de decidir cal vai ser o seu futuro.

 

É tempo de propostas estratéxicas

Te puede interesar