A Madrid

O natural é marchar para Madrid a facer carreira, principalmente na política, así que Yolanda Díaz de simple concelleira a protagonista deputada en Santiago, vai camiño de ser señoría na outra carreira de San Xerome por obra e graza do nacionalismo galego. A culpa non vai ser dela, senón de que forzas que se din nacionalistas van favorecer que unha internacionalista tome asento en Madrid. Quedan poucas esencias galaicas na política, apenas eses efluvios de destilaría clandestina, desa que non rebaixa o grao alcólico nin con auga, pero pouco máis, que a este paso vaise consumar a integración definitiva de Galicia co resto do Estado. De momento aínda estamos salvados por ese telón desértico que é O Bierzo, pero cando poidan os de Podemos se anexionan todo o espectro do nacionalisno e do galeguismo. Mentres, teremos que vivir outra tempada de cambios en AGE, a voltas con quen vai substituír a Díaz, se comunistas ou nacionalistas.

A Madrid

Te puede interesar