Non entendo moi ben as críticas gratuítas. Vexo que tras isto de internet e as redes sociais agóchase moito elemento pernicioso –mesmo para el mesmo, aínda que non o saiba– xa que ninguén da a cara. Non tal fai o noso alcalde, ó que vexo sempre co sorriso na faciana, coma si aquí non ocorrera nada e mesmo como se todo o mal que se presenta tivera a solución nas súas mans e, ademais, a poñera en práctica de xeito inmediato. Conven ter a un político que sorría, aínda que xa sabemos que moitos teñen rido de máis con iso das mordentes mordidas que teñen dado ó pastel do seu cargo en beneficio proprio.Tamén esta aquilo outro de “o mal tempo, boa cara”, así que ás veces penso que a xente é moi esaxerada cando dí que o sr. Suárez no fai nada. Non é correcto porque, polo menos –xa o dixen– sorríe, por moi mal que lle vaian as cousas ou porque o resto dos partidas lle votan as cousas á súa cara sorrinte. O que xa non sei distinguir é se o sr. alcalde segue co sorriso despois de que desaparezan as cámaras fotográficas e os xornalistas. Xa dixen que son uns esaxerados os que din que todo vai mal.