Avances

primeira vista semella que a Ciencia e a Tecnoloxía, non teñen por si mesmas unha determinada tendencia política, mais a realidade é que, a súa neutralidade é máis teórica que real, pois que o ser humano está a ser dominado polos que controlan ámbalas dúas disciplinas e fica convertido nun simple obxecto. No seu avance imparable, parece que o seu fin é o propio desenrolo, máis que a busca do benestar da Humanidade. Por suposto, non se pode negar que algúns deses avances supuxeron un considerable alivio no esforzo físico de moitos traballos, mais non foi o mesmo coa liberdade e a independencia individuais, cada vez máis limitadas e controladas, ademais de dominadas polas novas necesidades creadas por mor dos pseudos avances da civilización. O problema é tan grave, que seica xa hai xente importante implicada en buscar solucións, a través da revisión, tanto do deseño da mesma tecnoloxía, como dos usos nos que se aplica, desbotando remendos puntuais de tipo social. Pois si.    

Avances

Te puede interesar