Monte Ancos

nin licenciado nin tan sequera un máster para “fardar”, mais eso non me priva un chisco de poder colaborar neste xornal Diario de Ferrol, e gustoso o seguirei facendo namentres me sigan publicando e a vista e as facultades mentais me deixen, xa que os anos non perdoan e o consciente inconsciente que me anda perseguindo a cotío xa me anda repetindo: Ollo Xoán, que tres cuartos de 100 xa van; anque a miña querida sogra que xa cumpriu os 101 sempre me recorda, para darme ánimos, que ela á miña idade aínda podía “comer o mundo”.
Perdoen que fale de min, pero, recatadamente hoxe toca. Entre artigos de “Opinión”, “Nordesía”, “Con nombre propio”, “Colaboracións” e ”La Ventana”, dende o 24 de xullo que comecei a miña colaboración con un traballo titulado “A dedicación exclusiva”, este de hoxe fai o nº 400. Gracias Rocío , filla, pola túa axuda. 
Decía o médico e gran novelista español Pío Baroja (1872-1956): “Yo creo que para ser escritor basta con tener algo que decir en frases propias o ajenas”. Libremente, con respecto e sentidiño, engado eu.  E o poeta e mestre Pérez Parallé, sempre dicía que “ á parte do xornal e dalgún libro, éralle imposible ir a durmir sen antes escribir varias cuartillas. Pillei del ese bo vicio. Gracias D. XoséMaría.
Non é casualidade que o artigo de hoxe leve o título de Monte de Ancos, monte tamén coñecido como o Monte dos Coronados polos tres picos que sobresaen na parte máis alta, e popularmente como Monte do Castro, Monte da Lenda da Aureana e Monte Furado pola canteira que pola banda da Mourela Alta o vai rilando e destruíndo ano tras ano e sen a mínima intención de recuperación. 
Monte Furado / Quen foi se no foi a chuvia. / Quen foi se non son os anos. / Quen foi se no foi o vento. / Que é o ser violento / que te adenta, malpocado?
No ano 1096 xa había en Neda un distrito poboacional habitado por descendentes de antigos habitantes indoeuropeos, chamado Angus ou Ancos.
Distinguidos xeólogos como D. Leandro de Saralegui e D. Santiago de La Iglesia nunhos estudios feitos no alto do monte (236m. sobre o nivel do mar) supoñían que alí estivera ou puidera estar a Libunca do Pomponio Mela, con ducias de construccións circulares formando unha cidade amurallada, que xa aló polo s. X chamaban Vila-Vella.
Nun inventario de 40 castros desta comarca, dous están no concello de Neda, ambos documentados dende a alta Idade Media. No 977 o situado no alto do Ancos, “civitatem antiquam quae est / in cacumine montes Juvia”. Velaquí outro nome do monte. 
O outro castro, o de Viladonelle, está citado nun documento do ano 1096, “et subtus Castro de villa Donelli discurrente ad ecclesiam sancti Petro de Anka”. O de Ancos é (era) de estructura complexa con muralla e foxo. O de Viladonelle de estremadura sencilla con muralla defensiva. (Ver Crónicas Nedenses de D. Antonio Vázquez Rey).
O Monte Ancos para min sempre foi motivo de inspiración, respecto e case que veneración. Aí arriba chantado dende o núcleo de Terra, maxestoso, vixiando tal trío de cíclopes, como poderían ser Estéropes, Brontes e Arges, fillos de Gea e Urano, pero moito máis encantador. 
Sempre en contacto visual coa Torre de Hércules, para min o Ancos é moito máis ca un monte. É unha parte moi importante da historia de Galicia. 
Dicía fai poucos días o alcalde de Neda, Ángel Alvariño, cando a plantación de árbores autóctonas feita polos alumnos e alumnas dos colexios San Isidro e Maciñeira, e a colocación do xa tan visitado “Banco de Ancos”, que o concello, ou sexa a corporación municipal quería crear alí arriba unha área recreativa para goce dos veciños e de cantos por alí se acheguen.
Deume unha alegría, e máis me daría, e de seguro que a moitas persoas, que respectando a Natureza, tamén se levara a cabo a recuperación do Castro e da Fonte e Romería da Aureana. 
Noraboa ao artista J.M.Mosquera autor de tan fermoso e peculiar banco. Sen dúbida único no mundo…
“Enriba, cumio do monte / o Sol brilla no horizonte. / Ao fondo na cántabra ría / varias lanchas marisqueiras . / Na Aureana, festa, viño, empanada, / gaitas, foguetes e alegría. / Embaixo, na beiraría / varias dúcias de romeiros / atallan polos carreiros, / Camiño de Santiago”.

Monte Ancos

Te puede interesar