Aquela bela Semana Santa

que queren que lles diga? Eu son da opinión de que a Semana Santa Ferrolá de hai unhas décadas era moito máis bonita. Aínda que non houbera tanto trono nin cofrade e mesmo que non tiña tantos recoñecementos, lembro que os do muelle cáseque a única oportunidade que tiñamos de saír nela era na Orde Terceira. O resto xa estaba de moito tempo atrás ocupado e cheo de xente, pero aquí, na Orde Terceira digo, os cofrades saíamos cos hábitos remendados, por non falar dos capuces rotos que había que volver facer, ou os hachóns con bombillas fundidas. Por non ter, non daba nin a oportunidade –salvo risco de expulsión e vergoña– nin estampitas nin caramelos para dar ás cativas.

Aquela bela Semana Santa

Te puede interesar