Crecemento continuo

Outra das moitas cousas que non remato de entender é, o asunto ese do “crecemento económico continuo”, propio do sistema capitalista. A min paréceme que iso de crecer sempre, vai en contra da Natureza. Velaí se non, que o corpo humano ten un límite de crecemento e o mesmo sucede coas árbores e as plantas, coas respectivas diferenzas entre as distintas especies. Certo que o número de persoas e dalgunhas outras especies, parece crecer sen límites, pero a propia Natureza pon remedio con catástrofes, epidemias ou pragas, para controlar eses crecementos. Na economía, cando é necesario un novo impulso para estimular o crecemento, sempre se pode organizar algunha guerra, a gusto dos que manexan o mundo. Contra ese crecemento continuo, seica xurdiron outros sistemas, cuxo número tamén medra, como o do comercio xusto, o consumo responsable, ou as cooperativas. E aínda que non son técnico na materia, ese outro crecemento paréceme interesante para a xente humilde. Digo eu. 

Crecemento continuo

Te puede interesar