Resposta

|

un dos puntos principais do programa de cidades amigas da infancia é o fomento da participación infantil e adolescente a través da creación de consellos municipais cos que dar voz a ambos colectivos. Para propiciar iniciativas deste tipo, Unicef en colaboración coa Uned, veñen de iniciar o curso “A participación infantil e cidadanía global”.
Entre os obxectivos finais desta novedosa acción formativa contemplase a adquisición de competencias profesionais e ferramentas para o diseño, supervisión e implementación de procesos e proxectos de participación infantil protagónica que teñan carácter constante e permanente.
A proposta superou todas as expectativas, presentándose 250 solicitudes para as 50 prazas existentes.
Para non perder futuras dinamizacións e ante a magnifica resposta e motivación do persoal técnico dos concellos é obrigado que as entidades convocantes promovan novas edicións.

Resposta