CONFUSIÓN

Se somos xenerosos podemos chegar á conclusión de que o sucedido o pasado sábado en Ferrol foi unha confusión. A inauguración do novo auditorio, pagado co diñeiro de todos, converteuse de súpeto nun mitin do PP. Despistado pareceu o señor Rueda presumindo de xestión mentres se derruba media cidade e se concentran os veciños na beirarrúa de en fronte protestando pola improvisación do equipo de goberno de transformar un parque público en aparcadoiro en tempo record e sen informar a ninguén. O Congreso quédalle lonxe, é posible que non coñeza que a súa organización volveu votar a semana pasada en contra do dique flotante e outras infraestruturas necesarias para o naval. Non cabe outra posibilidade para vir aquí a presumir de ser a solución para os nosos estaleiros. O vicepresidente da Xunta visítanos pouco, non lle gusta como ao seu xefe, pode alegar ignorancia, Diego Calvo e Rey Varela non, eles simplemente menten.

 

CONFUSIÓN

Te puede interesar