COLECTIVO

O mundo da arte e da cultura está cargado de imaxes románticas. Cando eu era novo entendía que a nosa revolución viña da man dalgún pensamento xenial individual ou do traballo de grupos reducidos de creadores. Era unha idea asentada ademais nun proceso solitario e onde o conflito xorde cun mesmo. Como en tantas cousas estaba equivocado. A sociedade actual, como as anteriores, é un caldo de cultivo onde van cociñándose as formas de entender a vida que determinan a nosa actividade. Cada época ten unhas esixencias, permanecer atento é unha parte fundamental do traballo a desenvolver. Neste contexto hai que dicir que é imposible un cambio real das políticas culturais sen que estas sexan froito dun proceso participado. E isto ademais é así porque o procedemento empregado forma parte importante do resultado obtido. O cambio hoxe ou é colectivo ou non é cambio e queda simplemente en distinta sensibilidade estética.

 

COLECTIVO

Te puede interesar