Bloqueados

|

Na actualidade xa son máis de 65 millóns as persoas en todo o mundo que oficialmente se viron obrigadas a abandonar os seus fogares e paises como consecuencia dos conflictos armados, a violencia, a pobreza e o cambio climático. Entre elas as miles de familias que a diario se veñen xogando a vida no mediterráneo para intentar asentarse no vello continente e empezar de novo nun lugar seguro. A maior crise de demanda de refuxio dende a II guerra mundial.

O goberno español tiña o compromiso expreso coa unión europea de acoller a 17337 desas persoas entre 2015 e 2017.Mais a súa vontade política e a súa palabra quedaron totalmente rotas, en evidencia o pasado martes 26/09/17,data límite para acadar a cifra comprometida e, que en realidade so acadou a 1980 persoas. Nin sequera un 12 por cento do establecido.

O resto, homes mulleres, nenos e maiores siguen bloqueados entre a burocracia e o esquencemento.

Bloqueados