Símbolos

Lembro que, nunha película americana, o teórico presidente de EEUU, nun discurso con motivo dunhas eleccións, defendía o dereito dun cidadán a queimar unha bandeira nacional por considerar que a persoa é un símbolo moito máis importante que a bandeira. Claro que isto ocorría nunha película e non sei eu se na realidade esa defensa sería apoiada por unha maioría de cidadáns. En calquera caso, o simple feito de poñer en boca dun presidente unha frase así, demostra que hai nese país un profundo pouso democrático. Nada que ver cunha Democracia “a la española”, na que os Gobernos lexislan, non para defender os intereses do pobo, senón  para defender os símbolos, porque eses símbolos, Patria, Bandeira e Institucións, xa pasaron a ser propiedade privada dos poderosos. Ao cidadán de a pé tócalle respectalos e defendelos, incluso coa súa propia vida, aínda que iso non sirva para acadar traballo, pan e teito para a súa familia. E xa que logo, para que serven os símbolos?

 

Símbolos

Te puede interesar