Sangría

Era o sistema empregado hai séculos polos médicos e curandeiros, para sandar aos enfermos. O método consistía en facerlle un corte nunha vea ao doente e sacarlle certa cantidade de sangue. Outro remedio era o de aplicar varias sanguesugas para chuchar o sangue do paciente, pois supúñase que debilitándoo sandaba da súa doenza. Hoxe, as grandes cabezas pensantes chegaron á mesma conclusión para solventar a crise económica: zugarlle o sangue ao doente corpo social, por medio de toda unha serie de impostos e recortes que supoñen unha verdadeira sangría, reforzada ademais pola presenza e impunidade de un feixe de sanguesugas, que rematan a faena levando os cartos ao estranxeiro.  De momento parece que o tratamento está a dar bos resultados no intento de debilitar o enfermo, mais non se sabe se a doenza ten cura, pois o paciente non amosa melloría; o único punto a favor é que aos curandeiros nos lles convén que o doente morra porque, entón, acábaselles o choio.

 

Sangría

Te puede interesar