Muro

Seica o sr. Trump xa está a poñer en marcha algunhas das súas promesas, entre elas a do muro entre EEUU e México. O sorprendente desta decisión non é a construción do muro en si, que xa fora comezado hai anos por outros presidentes, senón a intención de que sexan os mexicanos quen pague os custos En principio dita intención parecía un desvarío de vello chocho pero, se mantén a idea de reducir ou cortar o comercio co país veciño, podería conseguir que, dalgún xeito sexa México quen remate pagando a barreira. É dicir, el deseña, decide e constrúe o muro, e os outros pagan. Non deixa de ser unha intelixente xogada, semellante á que aquí nos fixeron co sistema de depuración da ría, mal deseñado e mal construído por outros, e que teremos que pagar os veciños. Non sei o que farán os mexicanos, pero sei o que faremos aquí: Calar, pagar e dicir que chove cando mexan por nós.  Ben, pois non se trata de pedir que boten a Trump, pero algo habería que facer. Penso eu, claro.
 

Muro

Te puede interesar