A PUNTO V

|

Rematando coa análise daquel folleto da Xunta, do ano 2001, atopamos tamén “a punto”, a Cultura, a Educación, o Deporte, a Agricultura, a Pesca e o Saneamento. Pois ben, se na Cultura e o Deporte parece que na nosa bisbarra estamos nun momento relativamente aceptable, grazas aos esforzos de entidades culturais, veciñais e Concellos, quede a xuízo dos lectores a situación dos outros  temas que non presentan aspectos moi bos, con terras de labor a campo, problemas co leite, mariñeiros cabreados ou profesores e ANPAS protestando. 
Do saneamento falábase que había “cen estacións de augas residuais” e que “as nosas rías tamén son obxecto dos labores de saneamento hidráulico”. Seica a ría de Ferrol non estaba entre aquelas, o sexa, que non era “deles” , xa que aínda hoxe estamos agardando que comecen eses labores que hai catorce anos anunciaban. En calquera caso, de nada vale laiarse. O que podemos facer é botarlle a culpa a Zapatero. E todos contentos. Non si?     

A PUNTO V