Entón, para cando as medidas?

|

O anuncio do peche de Alcoa en A Coruña expresa, nunha primeira aproximación, a lóxica das empresas multinacionais: logo de millonarias subvencións pechan e deslocalízanse. Dito de xeito resumido: privatízanse os beneficios e as perdas socialízanse. Nunha segunda, a ausencia de controis sobre os cartos (arredor de mil millóns de euros). E unha terceira ligada ao prezo da electricidade. E este factor deixa espidas dúas das medidas aplicadas polo PP: as poxas da enerxía e a negativa a aprobar unha tarifa eléctrica galega no 2015 ( si aprobaba unha tarifa para Euskadi). E isto acontece, sen que ninguén dea explicacións, nun país  produtor e exportador de electricidade no que, polo seu prezo, pechan empresas.
A expresión de unidade na protesta e no apoio aos traballadores é propaganda se non se acompaña con medidas de futuro. E unha tarifa eléctrica galega e un prezo estábel, forman parte del.
 

Entón, para cando as medidas?