Visita

|

Segundo a idea de cada quen, a visita de dona Ánxela pode ser entendida como unha deferencia cara a un país amigo, ou como un favor que a poderosa señora lle fai a un seu vasalo. A min paréceme máis isto último, pois coido que a nosa entrada na UE foi un pouco obrigada polo noso complexo de inferioridade inducido polos que dicían que Europa remataba nos Pirineos. Sempre tiven a sensación de que nos admitían como facéndonos un favor e así entramos coa pucha na man, como entran os pobres de pedir na casa do rico. Agora xa nos chaman europeos, mais a verdade é que seguimos sendo dos que “serran na parte de abaixo”, ou sexa que nos sigue caendo o “aserrín” nos ollos. Esta visita é un favor máis que o rico fai á casa do pobre, quen debe amosar o seu agradecemento, coa esperanza de recibir algunha compensación pola súa submisión, como pode ser un “carguiño” aló na “cociña europea”, donde se “coce” o noso futuro. Porén iso non é “unha baixada de calzóns”. Ou si?

Visita