Nova oportunidade

Aló por Febreiro do 2017 dicía eu nunha das miñas Visións, que a oportunidade de Podemos xa pasara, despois de varios fallos importantes, dos que, o maior parecía a falta de apoio á investidura do candidato do PSOE, nunha ocasión propicia para deixar moi “tocado” ao PP. Tamén dicía eu que, “a ocasión píntana calva”. Mais mira por onde, seica a aquela calva naceulle outro pelo, que podería ser unha nova oportunidade, se a xogada do señor Errejón resulta eficaz, porque sería como se lle marcase a Podemos, o camiño da humildade, da solidariedade e da colaboración con todas as forzas progresistas, esquecendo o egoísmo persoal e a soberbia, axudando a todos aqueles movementos, plataformas, mareas, e demais, que traten de que gañe a xente do común que é a máis necesitada de axuda en aldeas, pobos, cidades, concellos ou comunidades. Velaí un enorme traballo para demostrar que “si se pode”, cando hai verdadeiro interese en mellorar este corrupto sistema.  Abofé.

Nova oportunidade

Te puede interesar