Sprint

Hai algún tempo un político local do PP comentábame que perdiamos o tempo, que só conta a oposición realizada durante o último ano dunha lexislatura. Vendo o estado da cidade, levantada polos catro costados, un ten a impresión de que a mesma receita aplican tamén para o goberno da cidade. Non é unha observación que corresponda unicamente ao que ten relación coas obras; vemos estes días como pretenden aprobar contra reloxo un plan de acción socio-comunitario para o barrio de Recimil. Sordo mostrouse o equipo de Rey Varela por exemplo a diversas denuncias presentadas pola diminución de persoal destinado a labores de integración que “executou” a Xunta no centro escolar do barrio e que tan importante resulta no traballo de futuro para solucionar os problemas da zona. No fondo o máis sincero é o concelleiro de cultura que nunha recente comisión comentou que o ano que vén imos ter un montón de cursos que é ano electoral.

 

Sprint

Te puede interesar