O Bambú Club. Historia dun abuso de poder (e II)

O contra-recurso. Para contrarrestar ese recurso do Concello, a familia arrendataria encarga un novo informe pericial, que foi redactado o 10 de Febreiro de 1998 polo Arquitecto D. Jorge Roura Traseira, tamén pertencente al COAG. quen se refire ao informe de Eptisanos seguintes termos: “Non parece, a criterio do técnico que subscribe, que dito informe estea realizado co rigor necesario na elección dos lugares para extraer as mostras, habendo concentrado as mesmas nunha soa vivenda...”. E más adiante, “Dando por bos os datos obtidos deste estudio, ao non dispoñer doutros datos técnicos para contrastar, é de salientar que ditos resultados non parecen corresponder cos dun edificio que posteriormente se cualifica de ruína eminente”. E segue: “As conclusións aportadas polo informe emitido por la empresa EPTISA non se poden considerar fiables por basearse nunha serie de datos obtidos dun xeito pouco rigoroso”.
E remata: “O inmoble no se encontra en estado de ruína, nin técnica nin económica antes de que se procedese ao desaloxo e baleirado das vivendas”.
Este último comentario é moi importante, porque despois do desafiuzamento dos veciños e dos locais, por orde do Concello, rodeouse o edificio cunha cerca de chapa metálica, que ocultaba á vista dos peóns o edificio e aos delincuentes, que tomaron o inmoble por asalto, roubando portas, fiestras, pezas sanitarias, cables, tubos e todo aquilo que tivese un mínimo de valor. E o Concello permitiu impasible ese vandalismo, para mellor xustificar a ruína e o derribo.
6.- Nova proba. Con motivo do recurso presentado polo Concello, o TSXG encarga un novo informe a un Arquitecto elixido por sorteo de entre seis candidatos, presentados por ambas as partes, tres de cada unha, resultando nomeado un dos presentados polo Concello, o Arquitecto (Perito - Forense), Don Francisco José Caridad Yáñez.
No seu informe, bastante máis pesimista que os anteriores e tamén con moitos datos técnicos e fotografías, este Arquitecto considera que, á vista dos resultados dos ensaios das probetas que se mandaron extraer, poderíase “casi determinar el estado de ruína inminente, pero como el porcentaje de las zonas a las que me estoy refiriendo con respecto al total de la estructura no es muy alto, pues me ciño solo y exclusivamente a las zonas de muro evaluadas con testigos, sería necesario la realización exhaustiva de un muestreo más amplio de testigos para generalizar los resultados a todo el muro de una forma objetiva”.
Este parágrafo, sen dúbida o máis negativo do informe, resulta sorprendente xa que, por unha banda, pódese supor que os “testigos” foron extraídos dos puntos onde o muro presenta peor aspecto; e pola outra, tratándose de un ditame pericial encargado polo Tribunal Superior de Xustiza, non se entende que non se fixera un “muestreo más amplio de testigos para generalizar los resultados”. Xa que logo, ¿non estaría tamén este informe “viciado pola falta de xeneralidade de toma de datos”, que no mesmo se admite?
De calquera xeito, nas conclusións do seu informe, o Sr. Arquitecto (Perito Forense) non ditamina ruína física do edificio, se non a “total e absoluta ruína económica”, ruína que, como é ben sabido, produciuse moito despois do inicio deste problema, por mor do vandalismo permitido polas autoridades municipais.
7.- O paso do tempo. Aquela declaración guindaba por terra toda a maraña de mentiras urdidas para o derribo do edificio do Bambú, mentiras recollidas nos escritos enviados aos arrendatarios.
E mentres pasou o tempo. E viñeron outros gobernos e outros políticos máis sensibles co patrimonio público e máis respectuosos coa xustiza; e pasaron varios temporais como o Hortensia e o Klaus e un importante terremoto; e o edificio do Bambú Club/A Lareira aguantou impávido, para chamarlles mentireiros a todos os implicados nesta sucia operación de acoso e derribo. E seis años despois, o edificio seguía nas mesmas condicións, excepto os estragos ocasionados polos roubos vandálicos de portas, ventás e outros elementos interiores, cometidos ante a pasividade daquelas autoridades.
Pero tamén houbo acordos plenarios para a rehabilitación (xuño de 2006), (marzo de 2009); e houbo unha asignación orzamentaria para ese fin. E aínda máis, houbo un ofrecemento da Consellería da Vivenda da Xunta de Galicia (Marzo do 2007) para financiar a rehabilitación do famoso edificio, como un proxecto piloto para todo o barrio.
8.- A demolición. Pero todo foi inútil. Malia os acordos municipais para a rehabilitación; malia o ofrecemento da Xunta; malia a imposibilidade do derribo das “Casas Baratas”, despois de que en Marzo de 2006, a Comisión de Patrimonio da Coruña acordase por unanimidade non permitir a descatalogación do barrio de Recimil, frustrando así o pretendido “negocio do século”; e malia o rexeite do derribo por parte de Patrimonio en febreiro do 2012, por considerar non acreditada a ruína, aqueles gobernantes que comezaran o acoso en 1993 e que recobraron o poder no Concello, decidiron en abril do 2013 rematar con aquela vergoña que os acusaba claramente. E puxéronse mans á obra. E contrataron impresionantes máquinas para demoler un edificio que segundo eles estaba caendo desde había vinte anos. E por fin conseguiron borrar ao Bambú do mapa municipal.
Agora habería que facer balance desa operación derribo que privou ao Concello dunha parte importante do seu patrimonio. Porque aquel edificio rehabilitado, proporcionaría durante anos ás necesitadas arcas municipais o importe de seis alugares de vivendas e as rendas de dous céntricos locais. En troques, o patrimonio de todos os ferroláns, conta agora cun pequeno solar, no que ata os cans teñen prohibida a entrada.
E ninguén pediu responsabilidades aos autores dese desaguisado, que arruinou a dúas familias traballadoras, pechou varios postos de traballo e prexudicou ao pobo en xeral, só para satisfacer a súa ansia de vinganza pola frustración do negocio. 
9.- Remate. Agora, vintecinco anos despois do comezo desta historia e co edificio do Bambú desaparecido xa hai 5 anos, desexo facer pública a miña repulsa para o proceder daqueles que privaron do su medio de vida a dúas familias ferroláns, deixándoas na ruína, sen unha explicación, sen unha indemnización, sen unha previsión de futuro, sen outra cousa que no foran ameazas e malos modos, sen o máis mínimo respecto para as persoas que, coa súa industria mantiñan varios postos de traballo, que se perderon polo capricho ou a ambición de algúns políticos sen escrúpulos. Ferrol debería pedirlles contas.

O Bambú Club. Historia dun abuso de poder (e II)

Te puede interesar