¿Nova normalidade?

on me gusta nada esta expresión que se está barallando, e abusando, nos medios. Non nos volvamos tolos todos que corremos o risco de caer en fobias e intolerancias graves, cando o que precisamos é todo o contrario para seguir vivindo despois de superada a pandemia. O que fai falta é moito sentido común para volver á normalidade anterior.
Deixémonos de andrómenas e retomemos a vida de sempre pero eso si, con dúas metas moi importantes: A primeira e urxente é recuperar todo o perdido, estragado, pola maldita pandemia, a segunda é mellorar todo o mellorable que é moito. Para elo unha vaga de solidariedade ten que recorrer o mundo enteiro, tódolos países sen excepción.
Temos agora unha ocasión de ouro para mellorar a convivencia, amañar dunha vez para sempre a situación política, cambiando todo o que sexa preciso que tamén é moito. Esquezamos, desterremos, este enfrontamento esquerda-dereita, na que estamos instalados dende hai moitos anos. Ten que haber outro xeito de gobernar a prol da felicidade do país e da súa xente, creando un verdadeiro e duradeiro estado do benestar.
Estamos a piques de rematar o estado de alarma, pero non hai que baixar a garda. O bicho non está vencido e non o estará ata que non haxa nin un só caso no mundo, o que pasa polo descubrimento dunha vacina eficaz que xa está a tardar. Namentres é necesario, obrigado, cumprir as recomendacións das autoridades sanitarias a título individual e mesmo colectivo.
Está ben claro que non estamos, nin no noso país, nin no resto do mundo para botar foguetes. O Coronavirus en só tres meses rematou co estado do benestar, se é que existiu algunha vez. Por si faltaran problemas antes desta maldición, da que descoñecemos os seus orixes, a vida na terra complicouse ata límites aínda descoñecidos.
Sen dúbida, a xente ten todo o dereito a estar informada do que está a pasar, contaxios e mortes incluídas, así como das consecuencias demoledoras na economía e todo o que ten que ver con ela. Ata aquí, de acordo, pero non creedes que tampouco estaría mal tratar de imbuír un pouco de optimismo na xente a través dos medios, quitándolle ferro, ata onde sexa posible, á situación?
Un perigo potencial do que algúns dan en chamar nova normalidade é caer na xerontofobia. Todo o respecto do mundo para a terceira idade, non esquezamos que si chegamos ata aquí foi gracias a eles. Dalgún xeito mete medo a expresión, moito coidado cos seus regulamentos e as súas consecuencias.
    Tolerancia cero para todo o que poida prexudicar aos nosos maiores.

¿Nova normalidade?

Te puede interesar