Futuro

|

Amañá liscou entre os saloucos que a emoción do día ocultaban. E, ás 13,20 horas, a vosa despedida rompeu en treboada.  E agora aquí estou, acariñando o teclado, na procura das palabras que expresen o meu agradecemento.  
Veño de tan lonxe que a distancia entre a miña xeración e a vosa preséntase como inabarcábel. Imposíbel de percorrer en ambas direccións. Descoñezo como expresarvos  a miña  admiración ante a vosa ausencia de prexuízos.  O voso sentido da liberdade. ..  E como vin reflectidos nos vosos ollos, dia a día, anceios e ausencias. E este solpor outonizo, que se resiste ante a afouteza da vosa primavera. Que esvara entre os rechouchíos que asolagan o patio e os corredores.  E que vos acompañou nas vosas pescudas,   está preñado de esperanza e optimismo. Sei ( sabemos) que seredes quen de pórlle rumo a esta nave que ficou ao garete . E , finalmente, abrirlle  ás portas ao futuro.  Xa presente. [Aos meus alumnos ]
 

Futuro