Auga

|

Estes días andan os da Plataforma de Remunicipalización, informando aos veciños da irregularidade dos recibos da auga, emitidos pola Empresa do abastecemento. Trátase dunha suba brutal, duns catorce euros bimensuais, que como é lóxico repercuten dolorosamente nas economías máis febles, como é o caso de moitos veciños das Casas Baratas de Recimil, que non teñen contador da auga, por desleixo dun Concello que se considera dono das vivendas, pero que non cumpre coas súas obrigas como propietario. Seica o truco está en asignarlle a cada vivenda un número de metros cúbicos moi por riba do consumo real e sen ter en conta o número de persoas de cada piso. E como no recibo aparecen outros conceptos a máis da auga, non cabe o recurso de non pagar ou darse de baixa. A solución non parece doada, xa que os que deberían tomar medidas serias, neste caso de presunta estafa, non dan sinales de vida. Pero iso si, dirán que “os que protestan son os mesmos de sempre”. Mala chispa...!!  

Auga