Atrévanse

|

A principios deste ano no salón Mi Empresa recolléronse diversidade de propostas e reclamacións realizadas por máis de 50.000 emprendedores e empresarios de todo o territorio nacional. Entre elas, unha desas suxerencias postulaba a necesidade de promover tanto a figura do empresario como os conceptos de empresa, innovación e investigación dentro do sistema escolar, e impulsar a creación de empresas nos centros educativos, universidades e escolas de negocios.
“Atrévete” programa de fomento do empredemento, tras as exitosas experiencias levadas a cabo en institutos de Santiago e Ourense, é a aposta agora ampliada a toda Galicia da Consellería de Educación para o curso 2014/15. Os centros dispoñen  ata o vindeiro martes trinta de setembro para realizar as súas solicitudes. Para que o alumnado de 6º de Primaria e 2º da ESO poida participar os equipos directivos deben mover ficha. Atrévanse.

 

Atrévanse