O mando

|

Estamos a asistir a unha dura loita por conquistar o poder, a través do mando no goberno do Estado. Algúns co pretexto da estabilidade, o que queren é seguir mandando, sen escoitar as voces que piden a súa xubilación. Outros invocando un cambio que non se sabe moi ben, a quen vai beneficiar. E todos metidos nun “feirón” de votos, cadeiras, grupos, apoios e alianzas, para acadar unha posición de forza coa que poder dirixir a política do país. Mais como diría Siro, “mandar, o que se di mandar, non manda quen quere, se non quen pode” e por iso prodúcese ese “tira e afloxa”, ese “eu che dou e ti me das”, que me fai lembrar uns vellosversos, sen dúbida inspiradosnosdebuxos de Castelao:
“Eu non sei  que cousa ten/ o mando, que toda a xente/ quere subir e medrar  / e por mandar é doente. E remataban así:Epois mandar un pouquiño/failles falta como o pan/ non se alporicen por iso /pois poden mercar un can”. E digo eu, un can ou unha cadeliñapequenos, porque se non...
 

O mando