Contra os elementos

|

Baixo esta denominación e cun orzamento de varios miles de euros a Deputación da Coruña iniciou un proxecto (edición de videos, charlas..) para visibilizar o deporte femenino e loitar contra a desigualdade nesa área na provincia. Iniciativa loable, pero actúa o ente provincial en coherencia cos seus obxectivos?
As dúbidas xorden na celebración da bandeira de traiñas da propia Deputación en colaboración coa Federación galega de remo. O ano pasado non se convocou a regata de féminas baixo a premisa de non existir un mínimo de catro tripulacións. Neste 2018 na súa XXIX edición, aínda existindo os 4 barcos de mulleres (Perillo, Mugardos, Cabo-pobra e Riveira) tampouco se disputará. 
Din que non hai presupostos por impedimento dos prazos. Non son os mesmos tramites para a bandeira masculina e femenina? Non se poden facer á vez? Forza rapazas!! Sabemos que loitades contra todos os elementos.

Contra os elementos