Carraxe

Non podo evitar un sentimento de carraxe cando escoito a alguén louvar as vantaxes de saír mundo adiante na procura de traballo. Nunha tertulia radiofónica, unha tertuliana afirmaba que o traballo había que ir a buscalo alí donde o houbese, pois os tempos de traballar preto da casa xa remataran; dicía tamén que os investimentos había que facelos donde maior beneficio desen e que,saír ao estranxeiro era un xeito de enriquecerse espiritualmente. ¡Vaia home! E non será que hai quen confunde a emigración co turismo? Eu non sei as circunstancias desa señora, pero coñezo de preto os dramas de moitos galegos que saíron da nosa terra, na procura de pan que lles poder dar aos seus fillos; e sei tamén que a riqueza espiritual non da de comer. Coido que iso de ter que andar a mendigar traballo é unha maldición, pois aínda lembrando que Rosalía dixo aquilo de “ánimo compañeiros, toda a Terra é dos homes”, tamén dixo “deixo en fin canto ben quero, quen puidera non deixar”. Pois iso.

Carraxe

Te puede interesar