Ciudadanos

Seica a presenza deste novo partido político na abondosa lista dos que xa había en España, espertou certas simpatías entre votantes de dereitas e dos que se consideran dun teórico centro, cuxos límites non se sabe desde onde ata onde chegan. O caso é que o Sr. Rivera preséntase como o mesías da nosa política, pretendendo ser o único capaz de chegar a acordos e afirmando que está a rexenerar a política e prometendo acabar coa corrupción. É normal que o vendedor de algo,  faga unha boa defensa do seu produto, pero neste caso, hai certos indicios que amosan a falsidade da propaganda do vendedor. Por exemplo: Chegaría a acordos con ERC, con EU, con Podemos? Pactar primeiro co PSOE e despois co PP, non é poñer unha vela a Deus e outra ao Demo? Propiciar o goberno do partido máis corrupto da nosa Democracia, é rexenerar a política? Entregar o poder ao PP, por moito que fale de “controlalo”, é acabar coa corrupción? Coido que a resposta está ben clara, non si? 
 

Ciudadanos

Te puede interesar