DOUS

|

Hai tempo había na TV un anuncio dos plátanos canarios que afirmaba: “dos mejor que uno”. O detalle véuseme aos miolos cando lin un par de artigos de xente documentada, que pedían para Navantia, non un dique, senón dous: un flotante e outro de formigón. A min paréceme unha boa idea, pois se o primeiro traía choio de construción naval, o segundo traería choi de construción civil, que tal como están as cousas non é para desprezar. Ben mirado, o dique “terrestre” non tería que ser sometido á aprobación europea, pois aproveitando un dos ángulos da dársena exterior “bazanista”, só habería que facer un muro para peirao de atraque. E xa se pecharía cun barco-porta.  Non sei se a lonxitude dos espigóns actuais é suficiente, pero cos medios técnicos actuais, alongalos un pouco non sería un grave problema. Así que mans á obra e a facer o muro, que algunha vez a nosa retranca galega tiña que valer para algo. É dicir, “ti vai facendo, que xa se buscarán encaixes legais”.

DOUS