Servizos Sociais

É ben certo que cando o río soa é que leva auga. Sorpréndeme atopar nun mesmo xornal, na mesma páxina, unha noticia que amosa a precaria situación dos Servizos Sociais de Ferrol neste verán que xa comeza a arder tamén por aquí e, pola contra, outra na que a responsable da concellería anuncia melloras, neste caso para os máis maiores do concello. Non digo que non estén ben, pero mellor sería que, antes de tanto gusto como ten a concelleira por saír máis que regularmente na prensa, parase a amallar a desfeita. Os titulares están para o que están, pero sobre todo para cumplilos. Din que xa cando era concelleira desta mesma área no goberno de Irisarri non cansaba de falar de que tódolos días eran máis que numerosas as persoas que facían cola para ser atendidas por ela. Tempo despois entereime de que tal era así porque as súas ocupacións no Parlamento galego obligábanlle a suspender moitas destas reunións e trasladalas a outros días, co cal era máis que normal que se formaran colas, pero polo incumprimento das citas e non precisamente porque o fixera tan ben. Ela saberá...

Servizos Sociais

Te puede interesar