Eu fun a EGB

Si, tal como di unha exitosa campaña publicitaria, tamén somos desas xeracións que fumos a EGB. Nós éramos da chamada “xeración do baby boom”, e iso fixo necesario a construcción de novos centros e a oferta de servizos no ensino público. Hoxe, tanto o avellentamento da poboación, a emigración forzada da xente moza, tanto autóctona como de aqueles migrantes que retornaron cos seus fillos, está a producir un déficit de matrículas nos centros educativos públicos.
Por iso resulta chocante que a Consellería de Educación, que naceu para e pola boa xestión do ensino público siga desviando fondos para manter liñas educativas e servizos no concertado, que miren por onde o miren, primeiro é un negocio privado. Dende Educación deberan propoñer de xeito racional a primeira escolarización nos seus ensinos públicos, e só para completar a oferta pública, subvencionar aos centros concertados.
 

Eu fun a EGB

Te puede interesar