A INSOPORTABLE LEVEDADE DO SER

Ás veces un ten a sensación de que un denso manto gris instalouse sobre a sociedade e unha melodía de desazón e unha fonda apatía campa por todos os ánimos provocando a paralización da capacidade crítica e conxelando a rebeldía que semella ser cousa que marchou coa anterior lexislatura. Podemos sufrir aquelo que Peter Handke definira como o “medo do porteiro ante o penalti”, ou que simplemente as cousas agora pinten moito mellor para todos.

Como o segundo axioma non se cumple, debemos concluir que a sociedade incrementa a súa paralise a medida que imos vendo, non xa as orellas do lobo, senón tamén as poutas e os colmillos. As cousas das que o PP fixo bandeira contra Zapatero, agora se lle volven en contra: suben os impostos que non ían subir; lucen descoordinación entre esos ministerios que ían estar coordinados; ían ser transparentes e dicir sempre a verdade, pero Rajoy non comparece, nin din o que van facer ata que Andalucía caiga; non aceptarían imposicións de Alemania e van correndo a ensinarlles a libreta para a corrección dos exercicios; predicaron consensos e aplican reformas sorpresivas.

Tamén Feijoo prometera rematar co paro en Galicia en 45 días. Non cumplíu, pero estreou una carteira de recortes que pasea entre aplausos, pero aquí o paro, os impagos sociais, as listas pechadas da dependencia e a falla de esperanza tan só merecen denuncias e protestas. Ás veces, un ten a insoportable decepción de comprobar que o medo anestesia os sentidos da gran maioría e impide diseccionar a realidade cun mínimo de rigor.

A INSOPORTABLE LEVEDADE DO SER

Te puede interesar