ENCONTRO

|

En Ferrol hai un importante feixe de movementos sociais que ás veces enchen os baleiros –que as propias administracións van deixando– produto dos recortes, e pola falta de resposta axeitada das organizacións tradicionais.
A solidariedade, a pretensión dunha forma diferente de vivir e dun espazo para pensar e actuar, forma estes novos movementos. Mais, necesitan artellar as súas alternativas a ras do chan e levantar instrumentos válidos para a xente, fóra das canles formais actuais. Iso require ir ensaiando, non ter présa.
Levantar ese alternativa radical-democrática require sumar compromisos e impulsar a desobediencia organizada da cidadanía. Pero tamén confluír e interactuar coas organizacións políticas e sindicais da esquerda.
É dicir, necesitan ir ao encontro dunha vontade colectiva plural, que conforme unha nova cultura que pretenda a hexemonía social.

 

ENCONTRO