Lentitude para Ferrol

|

usto moito de ler a sección “25 anos” deste xornal. Sobre todo, e mágoa que teña que dicilo, para recordar canto se ten prometido para esta cidade e a súa comarca e canto non se ten feito. As promesas, xa se dí, as leva o vento e por aquí semella que sopla dabondo e con intensidade, mesmo en “alerta vermella” continuada. Non vou ser eu agoreiro, pero sabemos que para que nesta terra os feitos se fagan realidade é mellor esperar a velos e non albiscar optimismo de máis. As ideas non faltan e todos os políticos que teñen pasado polo Concello ou os gobernos da Xunta e de Madrid, foran da cor que foran, teñen garantido para nós o ouro e o mouro, mais pouco se ten feito salvo o que xa era máis que necesario. Aí está, por citar algún exemplo, o saneamento da ría, que xa “comezara” fai 25 anos, ou o soterramento da avenida das Pías, sempre próximo a facer, tanto polo PSOE como polo PP. Vintecinco anos poden parecer moito o pouco, pero é toda unha xeración a que segue a esperar.

Lentitude para Ferrol