Bispos que condenaron o franquismo

O famoso historiador Hilari Raguer no seu libro Pólvora e Incienso trata de seis bispos que non firmaron a carta famosa de Gomá de apoio ao golpe e á guerra fratricida. No episcopado houbo un entusiasmo xeral, e se houbo algunha reticencia por parte de algún non se manifestou abertamente, pois a obediencia no bando dos golpistas non cabía outra opción, salvo que houbese unha maioría que derivase cara a opinión do cardeal Vidal i Barraquer, quen xunto con Mújica, foron os dous que se negaron abertamente. Tampouco firmou o Cardeal Segura por non ser titular. Estes tres estaban no exilio. Os outros tres non firmaron por outras circunstancias.
 Mateo Múgica Urrestarazu, bispo de Vitoria. Ao principio forzado no bando nacional defendeu a Franco. Mais despois, convencido da ignominia dos golpistas, defendeu ao seu pobo e ao seu clero e por iso foi expulsado. Calou a boca durante algúns anos, mais no 1945 fixo a declaración chamada “imperativos de mi conciencia”, onde di: “con asombro y terror supimos de fuente autorizada que el bando franquista había matado a unos siete mil de la izquierda donde dominaban totalmente los nacionales, sen guerra... Aun así no podíamos pensar que los que venían a hacer la guerra por causa de la religión habían de manchar sus espadas con sangre de los Ungidos del Señor...”  Esta declaración foi totalmente silenciada e rexeitada en España e nos ámbitos eclesiásticos. Monseñor Mateo, sufriu no exilio francés, aldraxes dos nazis baixo o réxime de Vichy, encirrados, suponse, por Franco, quen ao mesmo tempo era homenaxeado e incensado polos bispos españois, nas Salesas; dille Eijo Garay, bispo de Madrid; “Nunca con tanta satisfacción he incensado como lo hago hoy a Vuestra Excelencia”. 
Francisco Vidal i Barraquer. Cardeal de Tarragona, e Primado da xerarquía no tempo da República. Contemporizador e dialogante con as autoridades republicanas. Ao comezo da guerra, Companys facilitoulle a saída ao exilio para Roma. Ao recibir a misiva de Gomá para a firma, rexeitouna claramente “por ser unha imposición allea á xerarquía eclesiástica”. Dille con claridade: “Nesta guerra fratricida a Igrexa non debe identificarse con ningún dos bandos, senon máis ben traballar pola pacificación”. Apoiou e fixo todo o posíbel para que o seu Vicario, Salvador Rial Lloveras, restablecese, co beneplácito das autoridades republicanas, o culto nos templos. Ao entraren as autoridades franquistas este vicario sufriu certos controles e interrogatorios, aínda que se lles someteu compracido. Pediulle a un personaxe do goberno que intercedese diante Franco para a volta do cardeal a Tarragona, e ao chegar ao encargo da petición, díxolle Franco: “pase al punto siguiente”. O Cardeal morreu no exilio en Suiza o 9 de setembro de 1943. 
Cardeal Pedro Segura y Sáez, Primado de Toledo. Este cardeal foi famoso polo seu entusiasmo na defensa da monarquía e pola súa amizade persoal de Alfonso XIII. Ese seu fanatismo monárquico en contra da República levouno a ter que ser exiliado forzoso imposto polas autoridades republicanas. Non chegara a firmar a carta de Gomá, pois era dimisionario da diocese de Toledo. Durante a Guerra, emporiso, foi investido arcebispo de Sevilla. Mais o que a historia popular non lle recoñece foi o seu anti-franquismo patente. Non admitiu que Franco entrara baixo palio na catedral, non permitiu a colocación da cruz dos caídos en ningún lugar eclesiástico da súa diocese. Os falanxistas pagáronlle esta negación con unha pintada da Falanxe no pazo episcopal. Mais o que eu quero subliñar é o trato paternal e excepcional que tivo con o Clero Vasco preso no cárcere infame de Carmona. Escríbenlle agradecidos porque foi o primeiro e único prelado, que atoparon no calvario de Carmona. “Conseguiu humanizar a nosa existencia, deixándonos celebrar a misa o 7 de setembro, e desde o 3 de xaneiro de 1940 poderen saír dos calabozos ao patio dúas veces ao día e gozar da terra do sol”. En 1954, Franco interviu no Vaticano para nomear a Bueno Monreal de arcebispo coadxutor. Agora ben, Franco ordenou renderlle honores militares no seu enterro, e no pobo perdurou o seu rixidez relixiosa.
Don Fidel García Martínez, bispo de Calahorra. Aínda que firmou a Carta de Gomá, no ano 1937 en Francia fixo unhas declaracións moi duras que apareceron no lado da República no xornal La Voz de Madrid: “Fue la aviación al servicio de Franco la que destruyó Guernica y Durango”. “La opinión mundial se ha conmovido profundamente ante el bombardeo sistemático de ciudades indefensas por la aviación franquista, cuando los gubernamentales se abstienen de semejantes ataques”. “Es cierto que la aviación de los gubernamentales no bombardea a ciudades abiertas, ni ametralla a la población civil. En cambio la aviación al servicio de Franco continúa haciéndolo a diario”. E aínda máis, publicou no Boletín da diocese as dúas encíclicas contra o nazismo e contra o fascismo de Pío XI, das que sacou algunha conclusión contra nacional catolicismo do réxime.
 Franco non lle perdoou nunca a Don Fidel este comportamento. Chega ao cenit a vilanía dunha mente tan retorcida que hoxe en día pode explicarse ao coñecer as entretelas do tal ditador. Velaquí o que fixo: preparou un dobre idéntico a Don Fidel, fotografado como cliente asiduo dos antros e casas de prostitución en Barcelona e París. Hai tomas do dobre facendo o amor nunha ancha cama. Nos retretes das estacións do tren cambiaba de vestimenta saíndo cos capisaios de bispo. Esta anécdota do suposto bispo putañeiro circulou polas curias de España e de Europa. Incluso citada por famoso historiador da guerra de Franco. Ninguén se atreveu a reparar esta calumnia en tempo de ditador. Tarancón negouse a remover o escándalo. Fraga cita esta vilanía no libro Memoria Breve de una Vida Pública. Existe unha reportaxe de 2008 de Juan G Bedoya, “Canallada” a un obispo en El País. 
Desgraciadamente aínda parte da xerarquía e o Prior do Convento, sobre todo, queren conservar e honrar as reliquias do ditador. E remato coa miña teima até que calle: a Igrexa ten que pedir perdón por poñerse de parte de Franco”

Bispos que condenaron o franquismo

Te puede interesar