Seica o problema catalán non ten amaño e a min paréceme que o que fai falta é unha boa información aos cidadáns do que pode significar unha independencia que sempre será máis teórica que real. Eu coido que a día de hoxe, non hai nada nin ninguén que poida chamarse independente, pois todo depende da vontade dos que teñen a chave da caixa dos cartos. Eu coido que Liberdade, Independencia e Soberanía son vocábulos que xa perderon o seu significado, a non ser que cada quen se considere libre, independente e soberano para escoller entre ser outra versión de escravo ou morrer de fame. Mais volvendo ao tema catalán, quizais poderíase facer unha proba, concedéndolles a independencia provisional durante un tempo, para ver como marchaba o asunto. Ao mellor gañábamos todos. Ou perdíamos todos, non sei, pero teño a impresión de que ninguén o sabe. Xa que logo, habería que probar a ver o que sae de aí. Sen ter que rachar as vestiduras, pois non é para tanto. Digo eu.