De probabilidades e temores

Asomándose a esa reflexión invasora que provocan os días de asueto podemos concluír, sen necesidade do uso ponderado de precisos algoritmos, que seguimos sen entender moitas das cousas que pasan no mundo.
E moito menos, aquelas que conlevan constantes enfrontamentos, rebrotes terroristas, guerras encubertas, violacións repetidas dos Dereitos Humanos, desprezo (e medo) aos refuxiados, e o síndrome Guadiana das denuncias internacionais que nalgúns conflitos se proclaman con parafernalia e taquígrafos, e que noutros casos nunca chegan a producirse.
É coma se houbera mortos de primeira e de segunda división, ou ataques que gozan de bendicións urbi et orbe. Quizás algunhas posturas dalgúns gobernos, a soberbia de algúns dirixentes, o peso dos intereses económicos globais, e a escasa propensión dos lideres mundiais a exercer de tales, ou a vulnerabilidade excesiva dos xa por sempre vulnerables, acaben por provocar o incremento das probabilidades de que algo suceda.
Algúns redúceno todo a que vivimos tempos complexos, ou que os múltiples cambios orixinan desequilibrios sociais profundos... pero non hai contrapropostas alternativas.
Escoitamos absurdas referencias á Segunda Guerra Mundial, con desafortunadas comparacións, e absolucións dun Adolf Hitler menos malo, e o uso inaceptable de armas químicas.
Cargamos en segredo cos nosos medos particulares, xerados polo coñecemento, e incluso coa memoria da mala custodia nos laboratorios e as posibilidades de pandemias.
Tamén con aqueles derivados da nosa experiencia, e os que inciden nos nosos afectos, e as derivas mentais dalgúns seres humanos... o que ten moito que ver co principio de desequilibrio e oportunidade.
Isto é como o de aquel que defendía o das liñas paralelas máis o menos, sen entender que ou son paralelas plenas, ou pasan a ser radicalmente, outra cousa.

De probabilidades e temores

Te puede interesar