VIOLENCIAS CASEIRAS

Antonte moitas persoas conmemoramos, de xeitos ben diferentes, o Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller, declarado así pola ONU en 1999. Ó tempo, iniciábase, tamén en todo o mundo, unha campaña, que durará ata o Día Mundial dos Dereitos Humanos (10 de decembro), baixo o lema “Da paz no lar á paz no mundo”. Mais Rajoy non debe estar moi versado nos asuntos de violencia doméstica. O propio mércores debutaba como comentarista deportivo na emisora de radio da igrexa católica española. E levou un fillo, madridista coma el. Os que fan o programa preguntáronlle ó rapaz a súa opinión sobre os comentarios dun dos locutores da cadea. Despois de cualificalos como “mejorables” engadiu, moi finamente, que eran unha “basura”. Acto seguido o pai arrimoulle dous lapotes, un xesto, como tantos outros, violento. Maltrato, maltrato, stricto sensu, non houbo, pero o certo é que actuacións dese calibre o que se di bonitas non quedan. Haberá quen diga que non é para tanto, mais tamén quen pense “As que levará na casa”.
 

VIOLENCIAS CASEIRAS

Te puede interesar