Cos libros na maleta

Con intención de cargar al baterías e atemperar unha miaxa o corpo estiven uns días polo sur. Como non, tamén para modificar algo a monotonía cotía, gozar doutras paisaxes – anque as nosas nada desmerecen – e facer visitas culturais e á vez mourear un pouco a pelexa exterior de xeito natural. 
Por alá ou por aló estiven entre outros lugares en Almería ,“intenso vergel” ao que cantaba e pregoaba mundo adiante o Mestre Escobar. Coa súa alcazaba, antigo refuxo da guarnición militar dando a benvida a cantos visitantes por alí se acheguen por terra, mar ou aire.
Na miña equipaxe sempre algún libro. Desta volta “Les delícies de l´oci”, obsequío da biblioteca do amigo Jesús Fraga, quen me abastece de literatura catalana. 
Como facía o expresidente Aznar na intimidade eu tamén leo e falo o catalán. Moi na intimidade. Sen lugar a dúbida dóeme o que está a pasar nesa querida terra irmá; terra de xente traballadora, aberta ao mundo e con grandes potencias empresariais e económicas, exemplo de cultura e boa relación tanto nacional, como internacional. 
Agardo que cando os ánimos se calmen, as augas turbias rebordantes volvan ó leito dos ríos, o goberno central e autonómico senten a razoar intelixentemente en democracia, xuntos, cos demais pobos de España nun estado plural igualitario remando na mesma barca alcanzaramos bo porto. As políticas radicais nunca levaron a ningures. Agardo que pronto se restableza a normalidade institucional en Cataluña. 
Tamén na maleta e co fin de ler por segunda vez a novela “O Tabú da traslenda”, da que é autor o amigo poeta e escritor sempre vinculado ao mundo da cultura, o lugués Isidro Novo. Cando é un libro interesante como este quedo máis satisfeito cando o releo. Semella como cando temos un prato de comida saboroso que non nos importa recuncar nin empacha. Libro interesante, como canto fai o Isidro Novo, xeneroso, ameno e prolífico autor. 
Indo de libros e dado que pronto será o Día do Libro decir que nunha caseta de Feira en Roquetas de Mar merquei un, non me poiden resistir sen ollar e mercar, un pequeño poemario de 35 páxinas, publicado en León no ano 1988 cun título que me chamou a atención  “Mes Lunar” de autora que, anque non coñezo, é merecedora de parabéns, dos meus polo menos, e seguro que da xente que a coñece: Marta -Ester Villa López…Como quien solamente se ha quedado / un segundo dormido mientras lee, / mientras sigue / leyendo y es un sueño/…
Poderase matar ao soñador, pero nunca ao soño. Poderase queimar o libro (anque arden mal), pero as cinzas quedan recollidas nas mentes do autor, e dos lectores. 
Como poden comprobar os libros tamén viaxan. Incluso emigran. Na miña estadía en Holanda foron compañeiros indispensábeis os poemarios de Rosalía de Castro. 
Non, non se perdeu, nin se perderá a costume de ler en formato papel que é como se palpa e se saborea a lectura, sexa novela, relatos, poesía ou prensa. 
Nesta viaxe ao sur atopeima con persoas de tódalas idades lendo, no salón do hotel, nos bancos dos parques ou dos paseos, incluso deitados na area das praias recibindo ao mesmo tempo os aloumiños das palabras e do sol, que aínda que mainiño era moi de agradecer. 
Na miña estancia por Andalucía, entre outras cousas, tiven a sorte de gozar de rutas museísticas, de paseos por encantadores lugares e históricos pobos nos que aínda perduran destacando o gran labor arquitectónico e a inconfundible pegada árabe. 
Por motivos que non veñen ao caso sentín ben non poder asistir no Museo da Poesía aos actos conmemorativos que co título “Transformando el Mundo” se lle rendían ao gran poeta andaluz Julio Egea. 
Con desgana, como ayer / de la hermosa Almería / hoy me tengo que ausentar. / Como hace tantos años / que ya no llevo la cuenta / volveré, mañana / a cantarle serenatas a la tan bella, / y a besarla, / si quisiera, Ella. 
Os meus respectos e recordos van neste humilde poema, maestro. O escritor e filósofo francés Charles-Louis de Montesquiu deixa dito que: “Nunca tuve una pena que una hora de lectura no haya conseguido disipar”.
Se non gozamos dos libros, 
de que nos valen.
 

Cos libros na maleta

Te puede interesar