Ilegalizar

eica soa nos medios de comunicación, algunha proposta para ilegalizar a certos partidos políticos. Así de súpeto, non parece moi democrático iso de ilegalizar a un partido político, se cumpre unhas condicións. Coido que o mínimo que se lle pode pedir a un deputado é o respecto á Constitución e, xa que logo, unha condición elemental sería xurar ou prometer ese respecto, dun xeito sinxelo, sen trapalladas nin andrómenas. É dicir, como é un cargo voluntario, a negativa ao xuramento de respectar a Constitución, “auto-ilegalizaría” ao aspirante pola súa propia “auto-determinación”. E así, ninguén podería acusar ao sistema, de antidemocrático. Agora ben, iso non debería impedir que calquera partido sen deputados, puidese presentar no Parlamento, dalgún xeito e, sen voz nin voto,  calquera proposta para cambiar a Lei, sempre dentro da legalidade democrática. Porque hai moitas cousas que mellorar. Digo eu, pero haberá quen teña outra opinión, se cadra máis respectable.

Ilegalizar

Te puede interesar