Temos un problema, señor Rueda

|

Se despois de empregar todo tipo de recursos para dobregar a moral dos traballadores da xustiza perde un referendo. Se despois de tres meses de folga e un referendo perdido segue enrocado na súa posición, temos un problema señor conselleiro. Se despois de tres meses de folga, un referendo perdido e a administración de xustiza paralizada non é capaz de se sentar a negociar tal como, insistentemente, lle piden os traballadores, temos un problema. Se aínda non foi quen de explicar as razóns da folga e si dos inevitábeis prexuízos.... Se non é quen de trasladar ao seu partido, ao seu goberno e ao seu presidente a xustiza das reivindicacións e a dignidade dos traballadores, temos un problema.
A súa estratexia prolongou artificialmente un conflito. Resultou un fracaso e provocou graves consecuencias nos xulgados. Procure coa máxima urxencia o acordo. E logo asuma as súas responsabilidades políticas.
 

Temos un problema, señor Rueda