Manifestos

|

Paréceme magnífico, só faltaría, que todo o mundo poida manifestar libremente a súa opinión. Tanto de xeito individual, como colectivo, como veñen de facer hai nada os asinantes dos manifestos “1- O Estafa Antidemocrática” e “Manifiesto de profesores de universidades españolas sobre la situación en Cataluña”. Cando estaba lendo o primeiro deles, o apoiado por xentes de diferentes ámbitos da cultura que se declaran de esquerdas e que rexeitan as políticas do goberno de Rajoy, chegou un momento –e iso que é breve– en que cheguei a pensar se non me trabucara de documento. Aquilo de falta de transparencia, mínimo de participación, marxinación de forzas políticas da oposición, leis exprés... falábame dos métodos de gobernos do PP con maioría absoluta. Caín na conta de que non se falaba do PP cando lin que as forzas nas que se apoiaban non representan máis que o 36% do censo electoral, porcentaxe esta que, penso, non tiña Rajoy para lexislar tanta desfeita como lexislou. O segundo dos documentos, como profesor universitario desde 1975 e catedrático desde 1993, indignoume. Tal cal. 
 

Manifestos