Prazas

Nestes días pasados vin unha reportaxe televisiva que daba conta dos “problemas” que está a causar a numerosa presenza de vendedores ambulantes, do top manta –maioritariamente africanos–, por todo o Parque Güel barcelonés, mais principalmente na grande praza oval, rodeada polo célebre banco ondulante, a modo de serpe, decorado con anacos de cerámica e vidro por Josep Maria Jujol. Pois ben, algún visitante entrevistado queixábase de que os vendedores ata se fixeran donos do banco, que polo seu diseño ergonómico é magnífico para tomar un respiro despois da ascensión. Seino ben. A política de represión policial practicada polo goberno municipal nacionalista –18.000 denuncias en menos de seis meses– non acaba de solucionar nada, polo que se teme que poida baixar o número de visitantes a lugar tan emblemático. Cóntanme que a preocupación aumentou cando se tivo noticia do inicio das obras de remodelación da nosa Praza de España, xa que pode ser unha seria competidora en captación turística.

Prazas

Te puede interesar