Axudas

Hai días, este querido diario informaba da tramitación de expedientes por parte do noso Concello, para solicitar axudas á rehabilitación de vivendas en barrios protexidos, con cargo as subvencións estatais e autonómicas. Coido que a barriada das Casas Baratas de Recimil poderían entrar como solicitantes desas axudas, para que os veciños puidesen acadar algúns cartiños, destinados a modernizar liñas eléctricas, baños e cociñas e mellorar o posible do interior das vivendas, pois si ben é certo que, case todas foron xa melloradas, en maior ou menor parte, non é menos verdade que o foron a cargo do peculio de cada veciño, sen recibir nin un só céntimo por parte de ningunha das administracións, por non poder solicitar subvencións, que só podían facer os propietarios e que o “teórico propietario”, o Concello, nunca solicitou. 

Axudas

Te puede interesar