Presidentes dos EEUU

esde que eu comecei ter conciencia política, coñecín a práctica democrática dos EUA, moito antes de termos conciencia política da propia ditadura. Por que os medios da tal ditadura propagaba e nos mantiña tensos diante das tales eleccións de cada catro anos dun país tan lonxano? Pois sabiamos dos republicanos e dos demócratas, do burro e do elefante. Calquera presidente vitorioso era celebrado tamén nos medios “do meu país”, que non sabía o que era a democracia; só chegábamos albiscar a paz da que desfrutabamos, segundo os debuxos de un Puro e dun Ovo de La Codorniz. 
Abusando do lector imos seguir un pequeno recorrido dunha Memoria Histórica de presidentes descerebrados do país máis poderoso do mundo que levaron e promoveron guerras con crimes de lesa humanidade, destrucións e xenocidios no mundo enteiro, no século pasado e comezos deste. 
Malia que o seu embaixador, Claude Bowers, un antifascista convencido, defendera a nosa II República na guerra civil, e denunciara a “farsa da non intervención” das democracias europeas, no final da II Guerra Mundial, emporiso, os EEUU coa guía eficaz da CIA tivo boa conta na defensa de Franco e da súa ditadura para ter a España como unha base segura contra do comunismo, ratificada coa presencia eufórica e triunfal de Eisenhower o día 21 de decembro de 1959 en Madrid. Esa foi a razón de perdurar o réxime fascista de Franco na Europa que vencera o nazi-fascismo coa actuación, precisamente, dos EEUU. Eis, pois, a restra do seus presidentes:
Bomba atómica. Truman responsábel do remate da II guerra mundial o lanzamento da bomba atómica sobre Hiroshima e Nagasaki, 6 e 9 de agosto de 1945, con 246.000 mortes neses días e posteriores e de consecuencias catastróficas incalculábeis para humanidade. 
A guerra do Vietnam. E agora espántense da tolemia dos responsábeis: Eisenhower, Kennedy, Johnson, Nixon, Ford, na guerra don Vietnam, 1958-1975, co resultado do total fracaso e de entre 3,8 e 5,7 millóns de mortes, coa experiencia das bombas de napalm, etc.
Despois de pasar por Corea, Afganistán, chegamos a América Latina onde aparece o Tio Sam coa promoción de golpes de estado en Arxentina, Chile, Bolivia, Brasil, e implantación das ditaduras moi ben especificado e documentado no traballo da periodista Noami Klein, Doctrina del Shock, Capitalismo del Fracaso. Aparecen as masacres, torturas espantosas coas prácticas ben aprendidas na Escola das Américas. 
E chegamos a era de Reagan coas masacres de Centro América. Promoveu a criminalidade da “Contra” na destrución do novo goberno sandinista de Nicaragua; apoiou as ditaduras de El Salvador cos asasinatos de sacerdotes e o seu bispo Oscar Romero; sumando a criminalidade en Honduras e Guatemala chegou ao cumio de 470.000 vítimas. 
Entre uns relax a medias de Clinton e Obama, métese no medio Bush que conta coa guerra imposta en Irak coa invención das armas de destrución masiva; cando xa está probado que non houbo tales armas senón polo dominio do petróleo no que o mesmo presidente Bush tiña intereses. Cun pobo destruído e incluso inzado en guerras civís, o xornal The Guardian (16/09/2007) cifra a cantidade de vítimas total en 1.200.000, entre elas o noso veciño Couso, que actuaba de reporteiro gráfico, foi tiroteado polas forzas estadounidenses. Nesta hecatombe participou fachendoso o presidente Aznar, sen telo endexamais lamentado, de que se saiba.
E chegamos a Trump un voceiro racista, armamentista, cheo dunha autosuficiencia machista escandalosa, defensor dos fanáticos tradicionalistas. Moita da xente arrepentiuse de votalo. Ten dementes de ditador, mais como está en EEUU, que promove as ditaduras fóra mais nunca dentro. 
A xente ten medo que, se perde as votacións, que fará na saída da Casa Branca. 
Estados Unidos no tocante á Xustiza Internacional e DDHH, como vulgarmente se di, pásaos polos forros. A Corte Internacional Xustiza condenou a Estados unidos por 38.000 vítimas pola “contra” e pola destrución de infraestruturas de Nicaragua a pagar 17.000 millóns de dólares. Nunca fixo caso da sentencia. No 1992, o goberno de Violeta Chamorro retirou as reclamacións e condonoulle a débeda. Perseguiu a Teoloxía da Liberación co apoio dos evanxélicos fanáticos, católicos integristas e, lamentabelmente, coa postura de Xoán Paulo II e o cardeal Ratzinger. 
E agora unha grande parte de todo o mundo espera que cambie en beneficio do mundo enteiro.

Presidentes dos EEUU

Te puede interesar