Regalos variados

O anuncio do goberno de Pedro Sánchez da súa intención de retirar do, mírese por onde se mire, horrendo monumento do Valle de los Caídos e as especulacións sobre cal vai ser o destino dos restos do sanguinario ditador Francisco Franco acaba de descubrirnos a existencia dunha tumba no cemiterio de Ferrol cunha lápida na que se pode ler “Familia Franco Bahamonde D.E.P.”. Malia que, polo que podo deducir da foto que publicou o noso Diario, a sepultura ocupa un lugar central, supoño que transitado, nunca escoitara falar dela a ninguén, cousa curiosa. Tampouco teño noticia de que fose obxecto de desfeitas de ningún tipo, como as sufridas polas estatuas da Praza de España e de Meirás ou a casa natal. Todo o contrario. O estado de conservación -fáltalle algunha letra e vense algunhas herbas pequenas, froito dunha non esmerada limpeza a fondo- é bo, como se alguén se fixese cargo dela. Falta saber se alguén se fai cargo tamén dos seus impostos de propiedade e cal é a orixe da mesma. Poderá ser un “regalo” máis, como as Torres de Meirás, a casa Cornide.. e vaian vostedes saber?

Regalos variados

Te puede interesar