Derroche de patrioteirismo

|

Que o 12 de outubro fora festivo facíame sentir importante, desde a miña mente de cativa pensaba que era festa porque se celebraba o meu cumpreanos. Co tempo esa fantasía trocou en realidade, e a realidade era que se celebraba todo aquelo que eu detestaba. O saqueo, xenocidio e conquista do continente Americano, e submetimento, doma e castra da miña propia nación.
Hoxe, por riba, sumidos nunha crise económica sen precedente no periodo democrático, e desde o desgoberno do “rodillo” centralizador, da desvergoña do máis vil e impune latrocínio, asistimos a un desfile militar que custou máis dun millón de euros. Un contraste que abruma cando a suba das pensións é dun 0,25%.
Eu non me sinto española máis alá do que pon o meu DNI, non me gustan os desfiles militares porque son amante da paz, amante do meu país (Galiza) e da minha lingua (o galego), sen desprezar nen o Estado nen aos españois. Síntome burlada por quen xoga co noso pan aos “soldaditos”... Así que, como sempre, o único que teño que celebrar é o meu aniversario.
 

Derroche de patrioteirismo