Celebracións

Nesta etapa da Historia na que nos toca vivir, adóitase celebrar unha cousa cada día. Hai pouco celebrouse o “día del retrete”. Paréceme ben que haxa celebracións, aínda que non teñan a forza e a alegría que antano tiñan as celebracións nosas e que, por desgraza, non podemos celebrar agora. Como vello que son, lembro o día de San Pedro: “Dijo San Pedro, portero soy…” e o día de San Pelayo: “A cada santo toca su día y a San Pelayo le toca hoy…”, nos que o viño e a gastronomía (“gastrono-nosa”) tiñan un especial protagonismo; e máis preto no tempo, aquel “Día da Comarca”, ateigado de desfiles, música, baile, viño e “comelladas”, que tivera un éxito rotundo e que estaba previsto celebrar todos os anos; aquel fora un invento dun médico moi “ferrolanista”, don Alfonso Couce Doce, que tamén fora Alcalde durante un pouco tempo, mais, como é ben sabido, aquí nunca prosperan as ideas “dos outros”. Práceme lembralo, por ser unha boa persoa que me honrou coa súa amizade e un bo médico, que tiña consulta gratuíta para os pobres. Pois si.   

Celebracións

Te puede interesar