RISAS

É un día como hoxe o único momento do ano no que un republicano convencido como eu pode esperar algo da monarquía. É por iso que pido aos reis magos un pouco de ilusión e constancia para que as xentes que aspiramos a un cambio neste sistema sexamos capaces de articular unha resposta contundente para que iso sexa posible. A miña petición ten que ver coa cantidade de obstáculos que podemos encontrar no camiño. O grao de esixencia é moi elevado e é doado que as imperfeccións persoais sexan un factor que distorsione e desanime. Os valores da esquerda real son moi elevados e non é difícil sinalar co dedo as equivocacións que uns ou outros poidamos cometer. O certo é que malia todo a altura das nosas aspiracións nos fai grandes. Outros pódense rir dos erros, fano, pero sempre nese momento acórdome de Machado: “La envidia de la virtud hizo a Caín criminal. ¡Gloria a Caín! Hoy el vicio es lo que se envidia más”.

 

RISAS

Te puede interesar