Terrorismos de terceira

Non saio do meu asombro mentres a maioría dos mortais xa non se inmutan con nada. Hai meses todos eran franceses, hoxe xa non se chora polos alemáns, asistimos a imaxes de criaturas esnaquizadas en Alepo sen pestanexar nen deixar de comer mentres rebumbia o telexonal nos nosos ouvidos. De non sentir nada a dicir que a alguén lle está ben o que lle pasou é o perigoso paso que están a cruzar moitas persoas, cruzando a liña do irracional.
Pensar que un estudante de Erasmus en Berlín levou o que merecía por ser se Bilbao e crer no dereito de autodeterminación é aberrante, verquer ese veleno polas redes sociais infame. Mais a infamia non cesa, cando a vítima do terrorismo é unha muller, cando o terrorismo é feminicida e machista, aí o mundo cala, o mundo parece desculpar ou non meterse, cando non para culpabilizar á propia vítima. Falar de se tivo ou non unha relación co asasino, se saiu de cea ou non, se levaba falda ou o que for é ofensivo. Hai terrorismos de primeira, e outros de terceira nos que as mortas aínda parece que teñen a culpa. Cara onde imos?

Terrorismos de terceira

Te puede interesar